Doutrina Zhdanov

Selo soviético de Andrei Zhdanov.

A doutrina Zhdanov (en ruso: доктрина Жданова) foi unha doutrina cultural soviética desenvolvida polo secretario do Comité Central Andrei Zhdanov en 1946. A doutrina propoñía unha división do mundo en dous campos: as forzas imperialistas, dirixidas polos Estados Unidos, e as democráticas, lideradas pola Unión Soviética.[1] O principio fundamental da doutrina Zhdanov foi a miúdo resumida na frase "O único conflito que é posible na cultura soviética é o conflito entre o bo e o mellor". O zhdanovismo axiña se converteu nunha política cultural soviética, o que significou que artistas, escritores e intelectuais tiveron que adaptarse á liña do partido nas súas obras creativas. Baixo esta política, os artistas que non cumprisen cos desexos do goberno arriscábanse á persecución. A política permeneceu activa até a morte de Iosif Stalin en 1953.[2]

  1. Green and Karolides (2005), 668.
  2. Taruskin (2010), 12.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search